Sinsal activa a venda de abonos e entradas para San Simón
Esta semana activamos na web a venda de abonos e entradas para os tres días de concertos na illa de San Simón (do 24 ao 26 de xullo). No Sinsal o cartel mantense en segredo ata desembarcar, polo que só podemos avanzar que haberá 3 xornadas de concertos, coa participación de bandas e solistas do territorio, mais tamén con estreas de artistas internacionais que tocan por primeira vez en Galicia ou en España.
Para que non haxa dúbidas cos datos e datas da venda nesta mesma páxina web, sinsal.gal, deixamos estas indicacións:
- Mércores 20 de maio (12.00 horas): Saen á venda os abonos para as tres xornadas completas na illa.
- Xoves 21 de maio (12.00 horas): Abrimos a venda das entradas de día (para venres 24, sábado 25 ou domingo 26).
Un detalle importante: desta vólta só se poderán mercar as entradas para a fin de semana de San Simón. Os directos de Vigo e do Camiño Portugués (do 31 de xullo ao 2 de agosto) irán por separado e sairán á venda nos vindeiros días.
Todo o que cómpre saber antes de mercar a entrada para San Simón:
- Capacidade reducida de asistentes: Mantemos o formato pequeno, diúrno e cómodo para artistas e público, cun límite de 800 asistentes por xornada.
- O barco vai incluído: A única forma de chegar á illa é nos barcos fretados polo festival. Por iso, o prezo do abono ou da entrada de día xa inclúe a viaxe de ida e volta.
- Portos de saída (e regreso!): Á hora de mercar a entrada, poderedes escoller se saír dende o porto de Vigo ou dende o Centro de Interpretación de Rande (Redondela). Pola noite, cando remate a xornada, volverás ao mesmo embarcadoiro.
- Prezos para menores: Para facilitar que veñan as familias, o festival volve contar con tarifas reducidas para menores de 17 anos e prezos diferenciados para persoas adultos.
Toda a información sobre horarios podes visitar Como chegar e, se tes algunha dúbida, agardamos poder resolvela na sección de Preguntas frecuentes
Vémonos en San Simón?