A illa de San Simón

A illa

A Illa de San Simón (en realidade, un pequeno arquipélago formado por dúas illas, San Simón e Santo Antón) atópase no corazón da Ría de Vigo e está considerada unha xoia patrimonial desde o punto de vista ambiental e histórico.

A illa, declarada Ben de Interese Cultural (BIC), foi inspiración na lírica medieval, lazareto no século dezanove e campo de concentración na guerra do 36. Para coñecer a súa historia, recomendamos que participes nas actividades Descubre San Simón e percorras o roteiro libre (aquí tes o mapa). Se queres, tamén podes ampliar a información consultando os textos do noso arquivo que podes ler en galego, castelán ou inglés.