Festival Sinsal SON Estrella Galicia

Hora

Lugar

Artista

17:20

Escenario Buxos Xacobeo

Travo

18:10

Escenario Malmequeres

Dr. Wampush

18:35

Escenario Santo Antón Galicia Calidade

Júlia Colom

19:50

Escenario San Simón SON Estrella Galicia

Ben Zabo

21:05

Escenario Buxos Xacobeo

NI-HAO!!!!

22:00

Escenario Malmequeres

Dr. Wampush

HORA

LUGAR

17:20

Escenario Buxos Xacobeo 2027

Travo

Portugal

Escenario Buxos Xacobeo 2027 | 17:20 horas

En menos dunha década, o cuarteto portugués pasou de ser unha promesa do rock luso a unha brillante realidade do circuíto europeo especializado en psicodelia, rock progresivo ou heavy. Grazas á súa pasada participación na programación do Trans Musicales 2024 -un dos festivais máis importantes de Europa-, foron invitados por KEXP, a prestixiosa emisora de radio pública de Seattle, que non dubidou en incluílos nuhas das súas influentes sesións en directo. En outubro lanzarán novo disco.

HORA

LUGAR

18:10

Escenario Malmequeres

22:00

Escenario Malmequeres

Dr. Wampush (Xavier Valiño)

Galicia

Escenario Malmequeres | 18:10 e 22:00 horas

Colaborou con numerosos medios e revistas especializadas -Efe Eme, Ruta 66, Mondo Sonoro, etc.-, ademais de trasladar a súa paixón pola música a programas de radio cos que aínda se mantén en antena grazas ao podcast Faro del norte (Efe Eme) e á emisora Inolvidable FM. Activista cultural, comisario en diferentes exposicións e escritor disciplinado, un traballo que lle permitiu publicar doce títulos sobre música e o máis recente libro de viaxes Trekking al Campo Base del Everest (Faro do Norte, 2026), no que relata a súa experiencia personal antes de conquistar a cima do mundo.

HORA

LUGAR

18:35

Escenario Santo Antón Galicia Calidade

Júlia Colom

Islas Baleares

Estrea en Galicia

Escenario Santo Antón Galicia Calidade | 18:35 horas

Júlia Colom, artista mallorquina educada nos cantos populares de tradición oral -tonadas-, apostou por mellorar a súa técnica vocal no Taller de Músics de Barcelona -outras exalumnas foron Silvia Pérez Cruz e Rosalía-. Desde esta confluencia, explorando a herencia do pasado e experimentando coa curiosidade contemporánea, gravou dous dos mellores discos en catalán -o último, Paradís, galardoado nos Premios MIN 2026-. Desde este recoñecemento por parte da crítica especializada, a súa repercusión chegou a escenarios internacionais tan prestixiosos como o SXSW en Austin, o Eurosonic de Groningen ou o M Pour en Montreal.

HORA

LUGAR

19:50

Escenario San Simón SON Estrella Galicia

Ben Zabo

Malí

Estrea en España

Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 19:50 horas

A música popular de Malí é recoñecida entre as máis prolíficas de toda África: desde a rica tradición tuareg e o rock do deserto ata a súa estimulante conexión co afrobeat subsahariano. A proposta sonora de Ben Zabo recolle este patrimonio e reinterpreta as tradicións da cultura Bwa (país que se estende a ambos os dous lados da fronteira entre Malí e Burkina Faso) asociando instrumentos ancestrais cos ritmos eléctricos. Esta fusión explosiva abriulle as portas do prestixioso selo discográfico Glitterhouse. Complexidade polirrítmica e enerxía crúa expulsada desde os axitados clubs da excitante escena urbana maliana.

HORA

LUGAR

21:05

Escenario Buxos Xacobeo 2027

NI-HAO!!!!

Japón

Estrea en España

Escenario Buxos Xacobeo 2027 | 21:05 horas

A veterana banda xaponesa de ‘cheer punk’ fundada en Kyoto a principios deste século conserva unha envidiable red de incondicionais, entre os que se conta o lexitimado músico John Zorn, produtor dos seus primeiros discos. Ninguén imaxinaba nesta nómina de fans á gran Rosalía, que elixiu Matsuri-Shake como música de introdución no seu Motomami World Tour. Aproveitando a súa xira europea, non podiamos perder a oportunidade de presentar un deses grupos que nos reconcilian coa música indomable do circuíto internacional.