Festival Sinsal SON Estrella Galicia
|
Hora |
Lugar |
Artista |
|---|---|---|
|
14:30 |
Escenario Buxos Xacobeo |
|
|
15:20 |
Escenario Malmequeres |
|
|
15:45 |
Escenario Santo Antón Galicia Calidade |
|
|
17:00 |
Escenario San Simón SON Estrella Galicia |
|
|
18:10 |
Escenario Buxos Xacobeo |
|
|
19:20 |
Escenario San Simón SON Estrella Galicia |
|
|
20:30 |
Escenario Buxos Xacobeo 2027 |
|
|
21:20 |
Escenario Buxos Xacobeo 2027 |

|
HORA |
LUGAR |
|---|---|
|
14:30 |
Escenario Buxos Xacobeo 2027 |
Gazella
Valencia
Escenario Buxos Xacobeo 2027 | 14:30 horas
Con só dous discos publicados, Gazella consolidouse como unha das propostas nacionais mellor valoradas do pop etéreo, un estilo que entre os oitenta e os noventa puxo no centro do planeta a bandas da prestixiosa discográfica inglesa 4AD. Aínda que as referencias son inevitables e actualizar un son tan ben representado a finais do século XX conleva responsabilidade, o quinteto valenciano supera o desafío con sobresaínte incorporando novas influencias -de antes e de agora- e o sabio exercicio de arriscar -sen complexos- buscando outros horizontes.

|
HORA |
LUGAR |
|---|---|
|
15:20 |
Escenario Malmequeres |
|
21:20 |
Escenario Buxos Xacobeo 2027 |
Viktor Flores
Galicia
Escenario Malmequeres | 15:20 horas
Escenario Buxos Xacobeo 2027 | 21:20 horas
Viktor Flores cumpriu a finais de 2025 trinta anos de traxectoria como DJ. Xornalista e xestor cultural, fixo (casi) de todo na industria musical: organizador, asesor e programador de clubs e festivais, responsable de Márketing Cultural dunha multinacional (Red Bull España), mánager e mentor de artistas emerxentes…. E, sobre todo, facer pensar e bailar coa súa música durante tres décadas. Actualmente é un dos programadores e DJs de Mondo Club Vigo, recinto de referencia no noroeste de España.

|
HORA |
LUGAR |
|---|---|
|
15:45 |
Escenario Santo Antón Galicia Calidade |
Mary Ocher
Rusia
Escenario Santo Antón Galicia Calidade | 15:45 horas
Mary Ocher é unha das compositoras máis emocionantes e creativas pero tamén comprometidas e incorrectas da música contemporánea. Preséntase como unha artista que “fai música para ouvintes de mente aberta”, aínda que en realidade o que quere dicir é que interpreta fermosas cancións que se moven por varios xéneros musicais, a medio camiño entre o teatro, o cabaré e a performance. O seu último disco, Weimar (2026), é unha recreación daqueles gloriosos anos en que o cabaré alemán –Kabarett– tocou o ceo da vangarda europea antes de que o nazismo o botase todo abaixo. Unha artista total dentro e fóra do escenario cun compromiso cultural e político tan marabilloso como a súa música.

|
HORA |
LUGAR |
|---|---|
|
17:00 |
Escenario San Simón SON Estrella Galicia |
Merina Gris
Euskadi
Estrea en Galicia
Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 17:00 horas
O trío donostiarra é unha das boas noticias que modernizou a escena pop desta década. O seu son bipolar, arraigado na identidade sonora fragmentada duna xeración entre dous mundos -no musical e no social-, fixo un oco entre as propostas máis persoais do son urbano estatal -Mellor Álbum en Euskera nos premios MIN 2026-. Merina Gris dilúe a tecnoloxía do pop contemporáneo entre ritmos electrónicos, a disonancia industrial e as melodías dixitais. Entre a ansiedade e a melancolía, a novidade e a nostalxia, a súa proposta tampouco pasou desapercibida para KEXP que, en breve, descubrirá ao resto do mundo o rock vasco do século XXI.

|
HORA |
LUGAR |
|---|---|
|
18:10 |
Escenario Buxos Xacobeo 2027 |
GiGi Girls
Alemania
Estrea en España
Escenario Buxos Xacobeo 2027 | 18:10 horas
O trío de Colonia formado por Laura Mancini, Janosch Pugnaghi e Hannah Berle revive o brillante mundo do Italo-Disco que dominou as pistas de baile nos oitenta cunha posta en escena retro entre a simplicidade inocente do pop romántico italiano e o simulacro kitsch. As súas cancións son unha calurosa viaxe polos sintetizadores vintage, as letras enxeñosas -burlescas- ou os memorables estribillos pegadizos que no seu día compoñían a banda sonora das primeiras radiofórmulas. Acaban de publicar o seu primeiro disco, GiGi Girls – Greatest Hits, e en duns poucos meses xa gañaron por dereito propio un oco para a banda sonora perfecta do verán feliz.

|
HORA |
LUGAR |
|---|---|
|
19:20 |
Escenario San Simón SON Estrella Galicia |
AK/DK
Inglaterra
Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 19:20 horas
Formado por Ed Chivers e Gee Sowerby, AK/DK representa un son que combina a enerxía crúa do punk cos ritmos vibrantes da música electrónica. Desde a paixón polos sintetizadores de Kraftwerk e DEVO, o dúo atopou no rock neoiorquino de LCD Soundsystem unha revelación sobre o poder da música de baile mestiza con máquinas e instrumentos. O seu poderoso directo, con aparicións en festivais como End of The Road, Blue Dot e Green Man, consolidou a súa reputación de banda intensa e de gran impacto emocional. Unha viaxe entusiasta a través do son, o espazo e a creatividade.

|
HORA |
LUGAR |
|---|---|
|
20:30 |
Escenario Buxos Xacobeo 2027 |
Cakes da Killa
Estados Unidos
Escenario Buxos Xacobeo 2027 | 20:30 horas
Rashad Bradshaw, coñecido como Cakes da Killa, mestura o lírico e o explícito do hip hop cos ritmos bailables da música house, a electrónica ou o jazz. Cun estilo que remite á vella escola dos 90, posicionouse contra as regras do hip hop e o seu purismo actual. Referencia internacional da escena queer, as súas rimas falan de rivalidade, festas ou racismo desde a perspectiva dun artista negro e gai. Cakes da Killa é un dos maiores expoñentes da cultura ballroom, a subcultura LGTBQI+ afro e latina que reivindica vestir con roupa do xénero oposto: “A miña música é política só porque eu existo de forma implícita e porque me importa unha merda o que pense a xente sobre min”. Tras o seu paso recente por Glastonbury e Sónar, e colaboracións de altura con Honey Dijon, Rye Rye, CocoRosie, etc., descargará en San Simón -á que chega co seu EP recén saído do forno- a súa rabia e enerxía.












