Festival Sinsal SON Estrella Galicia

Hora

Lugar

Artista

14:00

Escenario Buxos Xacobeo

Skanderani

14:50

Escenario Malmequeres

Matéria Prima Djs

15:15

Escenario Santo Antón Galicia Calidade

Mocho Gris

16:30

Escenario San Simón SON Estrella Galicia

Nadeem Din-Gabisi

18:10

Escenario San Simón SON Estrella Galicia

Indus

19:00

Escenario Buxos Xacobeo 2027

Virginie Dembelé

20:10

Escenario San Simón SON Estrella Galicia

Juventude

21:00

Escenario Malmequeres

Matéria Prima Djs

HORA

LUGAR

14:00

Escenario Buxos Xacobeo 2027

Skanderani

Galicia

Escenario Buxos Xacobeo 2027 | 14:00 horas

“Skanderani” significa “Alexandrino” en árabe. É un cuarteto galego da Estrada fundado no ano 2022 polo músico Ahmed Moussa, de raíces galegas e exipcias, que combina música instrumental árabe, a no-wave neoyorquina e o afrobeat nixeriano. A súa música inspira unha curiosa sonoridade que eles presentan como a Orquestra Panorama dirixida polo pianista e pai do jazz etíope Mulatu Astatke. Á espera do seu novo e agardado disco, Skanderani é un grupo que revive, con acento galego, a excitante escena da psicodelia mediterránea dos anos setenta, desde Istambul ata O Cairo.

HORA

LUGAR

14:50

Escenario Malmequeres

21:00

Escenario Malmequeres

Matéria Prima Djs

Galicia

Escenario Malmequeres | 14:50 horas | 21:00 horas

Con máis de trinta anos de actividade, Matéria Prima é a tenda de discos máis antiga do Porto e un deses milagres da música independente europea que internet e a reactivación económica do Porto conseguiron conservar como unha das referencias culturais máis importantes de Portugal. Como moitas outras tendas especializadas, podería considerarse un lugar de nicho, para fans do estilo, pero nada máis afastado da realidade. Pequenas discográficas e editoriais de todo o mundo teñen neste tipo de espazos moito máis que un lugar onde vender o seu catálogo: son xanelas ao mundo que rompen -e loitan- contra a ditadura do algoritmo. Ás portas do noso 25º aniversario, Sinsal non sería o mesmo sen Matéria Prima, por iso nos fai especial ilusión recibir no festival aos nosos irmáns maiores.

Mocho Gris

HORA

LUGAR

15:15

Escenario Santo Antón Galicia Calidade

Mocho Gris

Galicia – Portugal

Escenario Santo Antón Galicia Calidade | 15:15 horas

Nado da alianza entre o galego Lucas de Centi (Néboa) e o portugués João Neves -ambos colaboradores de Baiuca-, Mocho Gris dilúe a fronteira entre a música galega e a portuguesa. O seu son móvese con soltura entre o pop alternativo, a electrónica, o neo-jazz e o fado, dándolle unha nova volta ao cancioneiro popular cun enfoque fresco e urbano. Cun directo no que suman sintetizadores, vibráfono e saxofón, o grupo conecta o legado de figuras como Amália Rodrigues ou António Variações coa escena actual. É carta de presentación coa que asinaron o seu debut no disco 2 e que poderemos descubrir no último concerto desta travesía en Santo Antón.

HORA

LUGAR

16:30

Escenario Santo Antón Galicia Calidade

Nadeem Din-Gabisi

Reino Unido – Serra Leoa

Estrea en España

Escenario Buxos Xacobeo 2027 | 16:30 horas

Nadeem Din-Gabisi é un artista multidisciplinar cun discurso de resistencia colectiva a través da poesía, o cinema, a pintura e, desde hai poucos anos, a música. Xa publicou dous discos marabillosos e numerosas colaboracións –por exemplo, unha canción xunto a Sampa The Great chegou á playlist de favoritas de Barack Obama–. Nadeem Din-Gabisi crea espazos de reflexión onde converxen temas de identidade negra, desplazamento cultural e resiliencia. A súa rica historia persoal, marcada pola converxencia da herdanza británica e de Serra Leoa, constitúe a base da súa viaxe musical polo soul, funk, hip hop, etc. Unha obra marcada por un intercambio constante entre lugares: a paisaxe urbana de Londres, os recordos ancestrais de África Occidental e a interacción entre a existencia material e os reinos espirituais. “Ás veces hai que ser soñador, e unha canción pode ser unha forma de habelo. É unha forma de dicir: vale, podemos imaxinar que este mundo podería ser mellor. Pode levar 50 anos, 100 anos construílo, pero temos que plantar a semente en dalgún lugar, en dalgún momento”.

HORA

LUGAR

17:45

Escenario San Simón SON Estrella Galicia

Indus

Colombia

Estrea en España

Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 17:45 horas


Indus é un dúo de música de baile atraído polos sons tradicionais da súa Colombia natal. Esta escena global -en Galicia, un dos precedentes máis próximos é o artista Baiuca- está marcada por unha xeración que viu na tecnoloxía a posibilidade de gravar e reproducir ritmos e melodías do cancioneiro popular. Indus, como tantos artistas mozos ao longo do planeta e a nova escena de clubs do século XXI, inclínase pola interpretación mixta, adaptando instrumentos clásicos aos patróns de sintetizadores e ferramentas de edición dixital. Techno-champeta, latin-acid e afro-pop son só algunhas das etiquetas coas que se intentou catalogar esta descarga ácida e de paixón polo baile que, ademais, xoga co aliciente da rica tradición colombiana, tan próxima aos sons latinos como aos ritmos africanos.

HORA

LUGAR

19:00

Escenario Buxos Xacobeo 2027

Virginie Dembelé

Malí

Escenario Buxos Xacobeo 2027 | 19:00 horas

Virginie Dembelé é a segunda das dúas artistas de Malí que foron seleccionadas por Casa África para tocar nun grupo de festivais españois comprometidos coa divulgación da música africana. Graduada en lingua e cultura inglesa pola Facultade de Letras e as Artes de Malí, a súa carreira musical levouna a tocar en directo por toda Europa con lendas como Koko Dembélé, Toumani Diabaté, Salif Keita, etc. Á fronte da súa propia banda, abandeirando a diversidade cultural e o papel da muller na cultura do seu país, converteuse nunha das principais referencias do roots blues africano, un xénero que coñecemos polos clásicos dos Estados Unidos pero que ten as súas auténticas raíces na rexión do Sahel.

HORA

LUGAR

20:10

Escenario San Simón SON Estrella Galicia

Juventude

Andalucía

Estrea en Galicia

Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 20:10 horas

Juventude é a herdanza de Los Reyes Magos, a banda que deu paso a este novo proxecto liderado por Ángel e Nico. O dúo sevillano evolucionou o seu cóctel sonoro orixinal cara a un estilo que definen como “pop surrealista para a peña da pista”. Desta liberación emocional xorde un delirio musical -con referencias á psicodelia, o flamenco-pop, a rumba ou o ska- acompañado da correspondente dose de humor absurdo inspirado en clásicos da comedia esperpéntica como Muchachada Nui e Venga Monjas. Juventude ten o don de sonar a modernos de pobo; son costumista desde a galería de máquinas do rock patilleiro.