Programación en Vigo
Este 2026 Sinsal comenza en Vigo con dous concertos no Planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro e na cámara semianecoica da Universidade.
Mateo Mena

|
HORA |
LUGAR |
|---|---|
|
10.30h e 12.30h |
Planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro |
Mateo Mena: Detrás do azul. Work in progress
Venres 24 de xullo | Vigo | 10.30 e 12.30 horas
Mateo Mena é un dos artistas sonoros máis interesantes e inquietos de España. Investigador de fenómenos situados na confluencia entre ecoloxía e electromagnetismo, deseñou dispositivos electrónicos que exploran a dimensión acústica da natureza acurralada pola tecnoloxía.
Detrás do azul é un proxecto de investigación artística “en progresión”, que levou a Mena a visitar diversos lugares illados nos circulos polares. Nestas xeografías, aínda é posible escoitar, mediante antenas e receptores feitos a man, as emisións de radio xeradas polo noso propio planeta. Froito desta experiencia, xurdiron propostas que transcenden a dependencia visual da nosa relación coa atmosfera e alcanzan novas sensorialidades.
Nesta contorna tan especial, observando as estrelas do planetario, Mateo Mena presentará os proxectos Coros do amencer, que investiga a relación entre o canto dos paxaros e os sons da ionosfera; Ivpiter Fvlgvr, un sintetizador que recolle e modifica as tormentas electromagnéticas do planeta Xúpiter; e Aurora Consurgens, unha colaboración con artistas das rexións ártica e subantártica que toma como punto de encontro o fenómeno das auroras boreais.
Carme López

|
HORA |
LUGAR |
|---|---|
|
10.30 e 12.30h |
Cámara semianecoica da Universidade de Vigo |
Carme López: Quintela
Venres 24 de xullo | Vigo | 10.30 e 12.30 horas
En apenas dous anos, desde a publicación do seu primeiro disco Quintela (2024), a artista, profesora e investigadora galega Carme López irrompeu como unha das figuras máis prometedoras da música experimental. Inspirada nalgunhas das creadoras máis importantes das vangardas como Éliane Radigue ou Pauline Oliveros, a obra de Carme López desborda o son da gaita tradicional de Galicia e impúlsao a posibilidades sonoras descoñecidas ata a súa metamorfose. Un novo instrumento que, desconectándose parcialmente da música popular, sonda paisaxes escondidas.
Programación na illa
A programación do Festival Sinsal é secreta e o público só descubre o cartel ao desembarcar en San Simón. Se queres imaxinar que podes atopar na illa, consulta as formacións que pasaron polo evento nestes últimos anos


















