Programación Sinsal Camiño

Venres 31 de xullo >>>

Semibreve x Sinsal

HORA

LUGAR

14.30h

Braga

Braga: Pasos e espazos do Festival Semibreve

Venres 31 de xullo | Braga | 14.30 horas

O Festival Semibreve, en colaboración co Festival Sinsal SON Estrella Galicia, convídate a descubrir a cidade de Braga e a explorar a súa cultura e o seu son. Transitaremos por unha cidade menos coñecida polos turistas, que combina arquitectura, historia, sons e unha programación cultural ben interesante. O percorrido inclúe os diversos espazos da cidade onde se celebra o festival e outros edificios que consideramos de interese dentro desta armazón urbana e artística, todo iso nun programa salpicado de actuacións artísticas con músicos locais.

Las nietas del Charli

Las nietas de Charli

HORA

LUGAR

20.30h

Nave de Reder@s (Peirao de Bouzas, Vigo)

Estrea en Galicia

Venres 31 de xullo | Nave de Reder@s (Vigo) | 20.30 horas

Las Nietas del Charli son as irmás madrileñas María e Raquel Rubio. Despois de varios anos recollendo aplausos pola comunidade local, decidiron entregarse ao estudio e presentar, para maior felicidade do seu público e coa mirada posta en acadar novos incondicionais, un primeiro disco, ‘Un Sol Dentro’ (Raso, 2026). Dentro da sempre honesta e estimulante canción de autora, o dúo mira tanto ao folk arisco de Harvest (Neil Young) como ao minimalismo intimista de Big Thief e á canción popular ibérica. Contando na produción artística con Campi Campón, colaborador de Natalia Lafourcade, Jorge Drexler o Xoel López, continuamos sumando voces a unha banda sonora que non para de descubrirnos novos talentos.

María Rodés

María Rodés

HORA

LUGAR

22.30 h

Kaleido Logistics (Peirao do Areal, Vigo)

Concerto especial de celebración do 50º aniversario de Kaleido

Venres 31 de xullo | Kaleido Logistics (Vigo) | 22.30 horas

Ao longo da súa intachable traxectoria, con abundantes acenos ás melodías tradicionais, María Rodés demostrou a eterna xuventude da memoria musical do século XX. Desde a fráxil aparencia de cantautora, a artista catalá é unha exploradora infatigable de sons e ruídos populares que enroscan as cancións e corren a través das palabras e imaxes da súa exquisita proposta visual. Todo este proceso, recolectando ideas como climas, foi sedimentando co paso dos anos e cruzando camiños coa literatura e o cine. Sen dúbida, estamos ante unha das mulleres que, nesta era dixital, representa o sentir e a emoción da música en branco e negro.

Sábado 1 de agosto >>>

HORA

LUGAR

20.30 h

Museo do Mar

Blanco Palamera

Galicia

Sábado 1 de agosto | Museo do Mar | 20.30 horas

Tres discos publicados e o recoñecemento unánime da prensa musical levaron a este dúo de Santiago de Compostela ata a cima do pop urbano. Coa sempre suxestiva influencia das vibracións (groove) coas que a música negra nos leva axitando desde a febre polo son disco ata os novos ritmos electrónicos da cultura de barrio, Blanco Palamera é un dos grandes caprichos da música española. No Sinsal presentan, por primeira vez en Galicia, o seu último álbum: bIIIp.

HORA

LUGAR

21.45 h

Museo do Mar

Pili PIli Girls

Tanzania

Estrea en España

Sábado 1 de agosto | Museo do Mar | 21.45 horas

Despois de ser a sensación no décimo aniversario do festival africano Nyege Nyege celebrado en Kampala, agora dan o salto a Europa cunha mostra da cultura rave, suarenta e chea de twerking, da florecente escena singeli de Tanzania. O singeli ten o seu epicentro na capital, onde se orixinou nos barrios obreiros. Con todo, esta música electrónica de alta enerxía, con influencias punk, tamén se consolidou entre os amantes do baile de todo o mundo. Despois de presentarse no prestixioso Festival de Roskilde, o grupo chegará a Sinsal dentro da súa primeira gran xira internacional. Un nome a ter moi en conta de cara ao futuro.

HORA

LUGAR

23.00 h

Museo do Mar

Gans

Reino Unido

Estrea en España

Sábado 1 de agosto | Museo do Mar | 23.00 horas

«Cun son emocionante e inclasificable, GANS está a converterse nunha das bandas máis prometedoras do Reino Unido». Este é só un exemplo das expectativas creadas polos medios especializados e a prensa xeralista. A resposta definitiva chegará a partir do vindeiro mes de setembro, cando este grupo -agora trío- de post-punk publique o seu primeiro disco apadrinado por prestixiosos nomes do rock inglés. De momento, ata que chegue esa posta de longo, a banda de Birmingham xa fixo unha intensa campaña de militancia por salas e festivais. Cando o río soa…


HORA

LUGAR

00.30 h

Museo do Mar

Azzi On The Beat

Nixeria

Estrea en España

Sábado 1 de agosto | Museo do Mar | 00.30 horas


Natural do estado de Oyo e fincado no fervedeiro creativo de Lagos, Waris Rasheed entende a música desde a física do movemento. Tras anos no ámbito da danza tradicional africana, o interese polas liñas invisibles que conectan a coreografía e a pulsión sonora levouno a dar o salto á creación musical. Baixo o alias de AZZI ON THE BEAT, converteuse nunha das propostas máis estimulantes da música urbana nixeriana. O seu perfil multidisciplinar -con paso por citas como o Afropean Festival de Frankfurt ou o Bad News Festival de Wiesbaden- compleméntase co seu traballo como director de son para R2 PRODUKTIONS e a Future of Dance Company. Unha experiencia onde o ritmo non só se escoita, senón que se habita co corpo.


Domingo 2 de agosto >>>

Alondra Bentley

Alondra Bentley

HORA

LUGAR

20.00 h

Real Mosteiro de Oia

Concerto de clausura

Domingo 2 de agosto | Real Mosteiro de Oia | 20.00 horas

Sobre a terra con cheiro a sal mollado que durante séculos sentiu as sementes dos monxes cistercienses escoitaremos o folk campestre da artista anglo-española Alondra Bentley. Inspirada na tradición sonora de grandes iconas como Vashti Bunyan ou Nick Drake, as súas cancións persisten na melancolía daqueles tempos pastorais nos que la música se escoitaba ao calor da fogueira. Desde esta intimidade, Alondra Bentley conseguiu conservar unha narrativa intimista sen renunciar a presentar as súas cancións por algúns dos festivais máis significativos da nosa xeografía.