Talleres

Ademais de descubrir novas músicas, no Festival Sinsal as máis pequenas da casa tamén poden participar en actividades para descubrir San Simón (como “A illa misteriosa”) ou facer música con froitas e verduriñas.

Do, Re, Bip

Por Juanma LoDo

  • Sábado 25 de xullo ás 19.45h
  • Domingo 26 de xullo ás 18.15h
  • Todos os públicos
  • Método de inscrición: no punto de información
  • Detrás do escenario Malmequeres

O artista multidisciplinar Juanma LoDo imparte Do, Re, Bip, un divertido taller no que o público pode descubrir conceptos vinculados á produción musical dixital e crear a súa propia música ao entrar en contacto con froitas e verduriñas. 

Este obradoiro, pensado especialmente para as máis pequenas da casa, decorrerá nas tardes do sábado 25 e domingo 26 contra última hora da tarde.