Presentacións

Na illa de San Simón convidámoste a descubrir iniciativas singulares que lle dan unha volta a propostas cotiás e coñecidas, e que van desde a gravación de música sobre discos de cerámica ata dar unha nova vida a algúns alimentos. 

Coñecendo Analogik Dreams

Por Alexandre Cancelo e Olalla Lojo

  • Sábado 25 de xullo ás 19.00h
  • Domingo 26 de xullo ás 17.30h
  • Todos os públicos
  • Acceso libre
  • Detrás do escenario Malmequeres

Gravacións analóxicas en cerámica?. Si, en Sinsal todo é posible.

Alexandre Cancelo e Olalla Lojo presentan Analogik Dreams, o novo selo de Sinsalaudio que une artesanía e tecnoloxía. Un proxecto onde a música queda gravada en discos de arxila. Queres descubrir como soan? Non perdas a presentación en San Simón dunha forma única (e moi vella!) de conservar o son.

Showcooking: Aceites Abril

Por Begoña Vázquez

  • Domingo 26 de xullo
  • 13.00h
  • Todos os públicos
  • Acceso libre
  • Detrás do escenario Malmequeres

Begoña Vázquez, chef do restaurante Regueiro da Cova (Verín) e recoñecida como Cociñeira do ano no Galicia Fórum Gastronómico 2024, será a encargada de presentar fórmulas coas que reutilizar diferentes produtos humildes, aproveitando todas as súas partes e potenciándoos, para crear así pratos do día a dá e de alta cociña. Todo, co obxectivo de loitar contra o desperdicio alimentario e reducir a pegada de carbono. Taller realizado da man de Aceites Abril.