Programa

Water Damage (EEUU)

HORA

LUGAR

20.30h

MARCO de Vigo

  • Apertura de portas: 20.00 horas
  • Inicio do concerto: 20.30 horas
  • Entradas á venda desde 15€ (18€ na billeteira o día do concerto)
  • MARCO

Único concerto en España

Mércores 1 de abril | MARCO de Vigo

A música cos potentes drons de Water Damage, colectivo de Austin, é un exemplo maxistral de como funciona o son en constante vibración. Guiados polo principio de “Repetición máxima, desviación mínima”, Water Damage xera campos de drons con capas de ondas resonantes. Desde o escenario, cada unha das ideas sonoras ocupan un estrato e, unha vez que comezan, non miran atrás: todo avanza cara a un punto final imaxinario que só chega cando o ambiente comeza a vibrar.

Os integrantes de Water Damage tamén participan en proxectos como Spray Paint, Black Eyes, USA/Mexico, more eaze ou Swans. A súa presentación acústica ao vivo non vai tan na liña doutros artistas do xénero malia que, en apariencia, conserven elementos comúns. Neste sentido, o colectivo tende a perturban o son insertando outras fontes físicas pero sen descompoñer o equilibrio entre capas de tons e tramas armónicas.

Hai algo realmente especial na música baseada en drons. Xa sexa a voz de Pandit Pran Nath, o ARP 2500 de Eliane Radigue ou os amplificadores de Sunn Ou))), ao cambiar a atención do ouvinte cara aos detalles, os drons teñen unha capacidade única para transportarnos a lugares moi afastados, a miúdo saltando as capacidades auditivas da nosa fisioloxía. Talvez, por iso, cada directo é unha viaxe desde a experiencia individual. 

“Water Damage explora os límites do son con intensidade e precisión, ofrecendo a cada asistente unha experiencia sonora inmersiva e transcendental”


Ólöf Arnalds (Islandia)

HORA

LUGAR

13:00h

Fundación Sales

  • Apertura de portas: 12.30 horas
  • Inicio do concerto: 13.00 horas
  • Entradas á venda desde 15€ (18€ na billeteira o día do concerto)
  • Fundación Sales

Estrea en España do seu novo disco, Spíra

Domingo 3 de maio | Fundación Sales

Ólöf Arnalds é unha das voces máis singulares da música islandesa contemporánea. Formada como violinista clásica e admiradora de compositores como Schumann, Schubert, Berlioz ou Berio, o seu xiro cara ao folk-pop chegou durante os anos nos que acompañou en directo á banda Múm. A partir do ano 2007, emprende a carreira en solitario publicando catro discos nos que  colaboraron desde Björk ata integrantes de Sigur Rós ou Amiina. 

Despois dunha parada prolongada no tempo por razóns persoais, retomou o pulso da produción cun novo disco, Spíra (2025), producido pola súa parella, Skúli Sverrisson, director musical de Laurie Anderson e instrumentista de jazz que traballou Lou Reed, Jon Hassell, David Sylvian, Arto Lindsay, Ryuichi Sakamoto, Jóhann Jóhannsson ou Hildur Guðnadóttir. A súa proposta en directo –o dúo Ólöf e Skúli– parte da voz, a guitarra e outros instrumentos de corda pouco habituais como o charango ou o koto, serpenteando ambientes entre a tradición oral e a experimentación. Canta en islandés e en inglés, e converte o cotián en emoción compartida.

“Arnalds entende a canción como un espazo íntimo, directo e profundamente humano”


Subscríbete á nosa newsletter

Se queres estar ao día das novidades do Sinsal e recibir información sinsaleira antes ca ninguén, subscríbete á nosa lista de correo!