Júlia Colom, Ben Zabo, NI-HAO!!!, Dr. Wampush e Travo, protagonistas da apertura do Sinsal

O festival iniciou este venres 24 a súa travesía, que arrancou en Vigo cos concertos inaugurais de Mateo Mena e Carme López

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia desvela o primeiro dos seus carteis secretos na illa de San Simón. A balear Júlia Colom, o maliense Ben Zabo, as xaponesas NI-HAO!!!, os portugueses Travo e o galego Dr. Wampush son protagonistas desta primeira xornada de celebración do festival, que se desenvolverá até o domingo 26 no corazón da Ría de Vigo. 

A 24ª edición do Festival Sinsal comezou este venres, 24 de xullo, en terra firme. A cita máis singular do calendario estival galego iniciou a súa travesía na cidade olívica con dous concertos especiais do compostelán Mateo Mena e da luguesa Carme López no Planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico e na cámara semianecoica da Universidade de Vigo.

A partir das 15.30 horas, o público comezou a desembarcar en San Simón -onde foi recibido polo selector vigués Galis 115- para descubrir o nome das primeiras bandas e solistas do festival. Un cartel conformado por dúas estreas en España (Ben Zabo e NI-HAO!!!, cuxo Matsuri-Shake foi o tema de introdución escollido por Rosalía para o seu Motomami World Tour) e outra en Galicia (Júlia Colom), acompañadas da descarga de enerxía de Travo e dun dobre dj set de Dr. Wampush -o xornalista musical lugués Xavier Valiño- amosa a mesma intención do evento: unha programación que abrangue propostas estilísticas moi diversas, desde as premiadas pola industria (Paradís, de Júlia Colom, Mellor Álbum en Catalán nos Premios MIN 2026) ata recoñecidas polos programadores (Ben Zabo, seleccionado por Casa África para dar a coñecer ao mundo a explosiva cultura Bwa); sen esquecer propostas que formarán parte dos carteis de grandes festivais nos próximos anos (Travo, que actuará en citas como o MEO Kalorama de Lisboa) ou de bandas que, aproveitando a súa xira europea (NI-HAO!!!), visitan por vez primeira España no marco do Sinsal. 

Publicacións similares