Preguntas frecuentes

Entradas e abonos

Mercando unha entrada de día ou abono do festival a través da web. A entrada inclúe o acceso en barco. Non é posible acceder doutro xeito.

Co abono xeral, co que podes asistir a todas as xornadas do festival, ou as entradas de días soltos (para xornadas concretas) 

A única plataforma autorizada pola organización do Festival Sinsal SON Estrella Galicia é esta mesma web. Podes comprar os abonos e entradas desde a propia home de sinsal.gal

A viaxe desde o porto de Vigo é máis cara que desde o de Meirande e desde a organización do festival queremos compensar no importe final da entrada o valor ponderado entre ambos traxectos (de non ser así, teriamos que penalizar o traxecto desde Vigo).

O proceso de compra

Poderás adquirir até un máximo de 6 abonos ou entradas. 

Tanto polo formato reducido do evento como as prazas dispoñibles desde cada porto, a oferta de entradas por traxecto é inferior á demanda. Cada solicitante ten ata 7 minutos para finalizar a compra; mais se non remata o proceso, os billetes quedan de novo á disposición do público.

Vai sen présa: terás un prazo de 7 minutos. Durante o proceso é posible que coincidas con outras persoas realizando a mesma solicitude. Se hai moita demanda de acceso á web, habilitarase unha cola virtual.

Si. Unha vez feita a compra, a plataforma weezevent enviará un correo cunha ligazón a unha área privada, á que poderás acceder para completar ou modificar os datos das entradas. Ese correo será a confirmación do teu pedido. 

As condicións xerais de venda de entradas do Festival Sinsal SON Estrella Galicia están dispoñibles nesta mesma páxina web.

Ante calquera incidencia, por favor, escríbenos un correo a festival@sinsalaudio.org. Responderemos o antes posible a túa mensaxe e intentaremos axudarte coa túa consulta.

Menores

Cumprindo coa normativa o acceso queda regulado do seguinte xeito:

  • Menores de 14 anos:
    Acompañamento Obrigatorio: Deben ir xunto co seu pai, nai, titor/a legal ou unha persoa adulta expresamente autorizada por estes.
  • 14 e 15 anos:
    Acompañamento Obrigatorio por unha persoa adulta.
    Documentación: Deben presentar unha autorización asinada polo seu pai, nai ou titor/a legal.
  • 16 e 17 anos
    Acompañamento: Non é necesario; poden acceder sós.
    Documentación: Obrigatorio presentar unha autorización asinada e o seu documento de identidade válido (DNI/Pasaporte)..

Os acompañantes deberán dispor de DNI para identificarse. 

No caso de que este acompañante non sexa algún dos seus proxenitores ou titor legal, será imprescindible a presentación dun consentimiento autorizado, acompañado dunha fotocopia do seu DNI, do Libro de Familia, onde consten o menor e o proxenitor que autoriza, ou do Certificado do Rexistro Civil. 

A illa de San Simón é un espazo natural e urbanizado. Ao longo das illas atoparás desniveis, escaleiras e existe, incluso, o risco de caída ao mar. Por iso as e os menores de 14 anos deberán estar acompañados e vixiados en todo momento polos seus pais, titor legal ou acompañante responsable. 

Si. Así está na normativa específica de transporte marítimo e de capacidade de eventos públicos. Calquera persoa, independentemente da súa idade, representa unha praza.

Si. A organización resérvase o dereito de solicitar os documentos de identidade, autorizacións e datos de contacto de emerxencia en calquera momento do evento.

Durante a compra poderás seleccionar a entrada específica de menores. Lembra que todas as asistentes teñen que ter entrada, independentemente da súa idade.

 Está estritamente prohibida a compra e o consumo de bebidas alcohólicas por parte de calquera persoa menor de 18 anos.

Traslado á illa

Só se pode chegar nos barcos fletados pola propia organización. O prezo da pasaxe xa está incluida na entrada. Hai dous puntos de embarque:

  • Estación Marítima da Ría de Vigo (peirao 3)
  • Centro de Interpretación de Rande (Meirande, Redondela).

Se vas en coche ao porto de Vigo ou Meirande, ten en conta que no verán se producen atoamentos pola afluencia ás praias da zona.

Na Estación Marítima da Ría de Vigo, situada na rúa Cánovas del Castillo e moi perto do centro histórico da cidade. É onde atracan os barcos que saen a destinos como Cangas, Moaña ou Illas Cíes. En verán os peiraos contan cunha grande afluencia de público,

O embarcadoiro, situado no Centro de Intepretación de Rande (Redondela), está no Estreito de Rande, antiga Fábrica do Alemán, a 10 quilómetros de Vigo. É o porto especialmente recomendado para quen se desprace en coche, pois conta cunha ampla chaira (antiga compañía Duchess) para estacionar os vehículos.

Si. Atópase na explanada de contedores da antigua compañía Duchess e está a uns 200 metros do peirao onte se colle o barco.

O ideal é que viaxes desde Vigo, cidade á que podes chegar a través de distintos medios de transporte público.

A viaxe en barco

Desde Vigo uns 50 minutos e desde Meirande (Redondela) sobre uns 20 minutos. 

A organización non se fai responsable das persoas que se queden en terra por chegar tarde aos portos de embarque. Recomendamos que chegues con 30 minutos de antelación ao embarcadoiro porque é a mellor maneira de asegurar a túa viaxe.

Se viaxas con tempo, na Estación Marítima de Vigo (e na súa contorna) tes unha grande oferta de servizos de hostelería e en Meirande podes visitar o centro de interpretación.

  • O venres 24 de xullo o barco sairá do porto de Vigo ás 15:00 horas e partirá de San Simón ás 23:00 horas. 
  • O sábado 25 de xullo o barco sairá do porto de Vigo ás 12:00 horas e partirá de San Simón ás 23:00 horas. 
  • O domingo 26 de xullo o barco sairá do porto de Vigo ás 11:30 horas e partirá de San Simón ás 22:00 horas. 

Lembra que os horarios son aproximados e poden sufrir modificacións. Recomendamos que sigas as nosas redes sociais e consultes o teu correo electrónico.

  • O venres 24 de xullo o barco sairá do porto de Meirande ás 16:30 horas e regresará de San Simón ás 22:15 horas. 
  • O sábado 26 de xullo o barco sairá do porto de Meirande ás 13:30 horas e regresará de San Simón ás 22:15 horas. 
  • O domingo 27 de xullo o barco sairá do porto de Meirande ás 13:00 horas e regresará de San Simón ás 21:15 horas.

Lembra que os horarios son aproximados e poden sufrir modificacións. Recomendamos que sigas as nosas redes sociais e consultes o teu correo electrónico.

Non. Os portos de saída e chegada son os que se solicitaron no momento da compra da entrada. Se intentas cambiar, tanto á ida como á volta, non pasarás os controis de acceso ao barco.

Terás un problema, porque non podes quedar na illa. Se chegase a pasar esta situación, proporcionaremos un barco especial desde a illa ata o peirao de Cesantes (Redondela); pero este gasto extra que se daría por irresponsabilidade deberá ser asumido por cada pasaxeiro e terá un custo de 50 euros por persoa. 

O horario de volta é o que aparece na túa entrada, polo que recomendamos que esteas no embarcadoiro 30 minutos antes. O escenario no que se pecha cada xornada do festival está a moi poucos metros do peirao de embarque.

Os primeiros pasaxeiros en saír da illa son os que se dirixen a Meirande. En todo caso, a non ser que sexa unha situación excepcional (como, por exemplo, mal tempo), non damos permiso de saída aos barcos ata que remate o festival. Se non hai incidencias, o último concerto sempre remata antes de comezar a embarcar o público de Vigo.

Si. O festival conta cun protocolo de emerxencia. Ante calquera imprevisto persoal ou por problemas de saúde, contacta coa organización e activaremos a túa saída. Este servizo interno do festival só pode cubrir traxectos curtos, polo que o porto de referencia en caso de evacuación é o de Cesantes (Redondela). 

Estancia na illa

Durante o festival haberá unha oferta gastronómica variada que inclúe opcións vexetarianas e veganas. Con todo, podes vir coa túa comida –ou bebida sen alcol– en envases permitidos.

Se tes algunha intolerancia alimentaria, recomendamos que leves a túa propia comida por se a oferta do festival non cubre as túas necesidades. 

Por normativa de seguridade, as botellas deben ser de plástico e con tapón de rosca (que se poderá retirar ao acceder á illa).

Non se pode introducir no evento envases/recipientes de vidro, metálicos… etc. Se viaxas con menores ou necesitas acceder con algún obxecto especial, contacta, por favor, connosco.

Na illa  hai auga potable en fontes e aseos, polo que animamos a que uses o teu vaso reutilizable (ou ben da vaixela do evento ou do teu “kit festivaleiro”). Podes consultar ou descargar aquí o mapa dos puntos de agua.  Se consideras que a auga da billa está quente ou non che gusta o seu sabor, nós proporcionarémosche gratis o xeo ou o limón. E, se a pesar de contar con auga potable, decides vir coa túa auga, lembra que debe ser en botella de plástico (e que no control de acceso se retirará o tapón por cuestións de seguridade).

En todos os servizos dispoñemos de TPV. Con todo, a moeda oficial do festival é o Nemo, que poderás cambiar por euros nas oficinas do festival. Durante a xornada, e ata media hora antes da saída do teu barco, poderás trocar a moeda que che sobre por euros.

Desde Sinsal traballamos para que o noso festival sexa un evento inclusivo e accesible. Desde a organización estamos á túa disposición e facilitaremos a túa estancia en todo o que estea da nosa man. Con todo, se necesitas dalgún servizo específico e tes dúbidas, especialmente á hora de acceder ao barco (en función da tipoloxía do mesmo e das mareas pode haber problemas de accesibilidade), por favor, escríbenos a festival@sinsalaudio.org co asunto “ACCESIBILIDADE” e poñerémonos en contacto contigo canto antes.

A illa dispón de baños específicos en varios edificios.

O acceso ao barco pode ter dificultade en función da tipoloxía dos barcos e das mareas. Por favor, contacta con nós previamente (escríbenos a festival@sinsalaudio.org co asunto “ACCESIBILIDADE”) para poder garantir o teu acceso e viaxe en barco.  

Nalgunhas zonas da illa, como no peirao ou na ponte, o pavimento é irregular. Lembra tamén escribirnos para que podamos axudar e colaborar en todo o que sexa posible. 

Na maioría de escenarios non hai problemas de visibilidade e sempre facilitaremos o acceso a un lugar preferente.

Non, agás no caso dos cans guía. Nese caso, escríbenos, por favor, con antelación a festival@sinsalaudio.org co asunto “ACCESIBILIDADE”. Poñerémonos en contacto contigo.  

Está permitido realizar fotografías a condición de que se realicen sen ánimo de lucro e protexendo o dereito á privacidade do resto dos asistentes.

Apuntamento: Se queres cubrir o evento, lembra que previamente debes solicitar a túa acreditación a través do correo electrónico de prensa@sinsalaudio.org. 

Non, é normativa interna da illa de San Simón.

Non hai tabaco á venda e só se pode fumar nas zonas reservadas, que estarán debidamente indicadas tanto na illa como no mapa que atoparás ao desembarcar.

Importante: non está permitido tirar cabichas ao chan e todas as persoas fumadoras deben viaxar a San Simón co seu cinceiro portátil. As cabichas son un residuo alleo ao festival e, polo tanto, terán que saír da illa coas persoas que os xeren. 

Con Sinsal desaparecen as papeleiras da illa. Todos os residuos xerados polo festival recóllense e sepáranse nun único punto habilitado pola organización, pero a recollida e xestión de residuos alleos ao evento, como as cabichas, deben de saír da illa coas persoas que os xeren. 

Si, nas oficinas de administración durante a celebración do festival. Tamén podes escribirnos un correo electrónico a festival@sinsalaudio.org co asunto “OBXECTO PERDIDO”.

Podes visitar as nosas oficinas durante o festival e solicitar unha folla de reclamación; pero tamén podes enviar un correo electrónico a festival@sinsalaudio.org co asunto “RECLAMACIÓN”.

Máis información sobre o festival

É un festival de música que se celebra na illa de San Simón (Redondela, Ría de Vigo) e que pretende ofrecer unha pequena mostra da creación contemporánea máis destacada do momento.

No ano 2003, a promotora galega Sinsalaudio estreou en Vigo a primeira edición cun ciclo de concertos. A partir do ano 2012, alén de manter a conexión local, a actividade trasládase a  San Simón. Neste enlace podes consultar o histórico do evento. 

Sinsal SON Estrella Galicia é un dos festivais máis pequenos do verán e, á vez, dos máis interesantes polo atractivo da súa localización, horario diurno, cartel secreto, programación diversa ou convivencia de público e artistas procedentes de todo o mundo. É unha proposta única en toda a Península Ibérica.

A nosa ilusión é compartir a paixón pola música e experimentar a emoción por acoller o descoñecido. O cartel secreto pon o foco na illa e sitúa no centro ao público.

Queremos un cartel diverso en estilos, sons e culturas. Procuramos presentar novos valores de España e Portugal, pero tamén artistas internacionais que tocan por vez primeira no país e que compartimos con outros festivais afíns da Península Ibérica (así reducimos a nosa pegada de carbono).

Si. No caso de repetir algunha proposta, comunicarémola con antelación, mais sempre sen desvelar o nome da banda ou solista.

Visitas guiadas, exposicións, charlas, concertos acústicos, obradoiros ou itinerarios para descubrir a historia do arquipélago conforman a oferta cultural alternativa.

É o proxecto educativo de Sinsalaudio centrando na recuperación da memoria sonora do século XX. En cada edición do festival ofrecemos a posibilidade de realizar actividades relacionadas con esta proposta,