Estancia na illa

O mapa do Sinsal

Cando chegues á San Simón, ademais da programación, descubrirás un arquipélago declarado BIC.

Que debo levar a Sinsal

Sinsal é un festival de música único ao que só se pode acceder en barco. Desenvólvese en horario diúrno no arquipélago das illas de San Simón e Santo Antón, que destacan polo seu impresionante patrimonio histórico, cultural e natural. Ao finalizar a xornada, cando rematan os concertos, os barcos regresan ao litoral.

Aquí deixamos algunhas recomendacións e información práctica que che axudarán a gozar do Sinsal en San Simón.

  • Consulta o tempo antes de viaxar. 
  • San Simón é unha illa e a sensación térmica pode descender algúns graos respecto ao litoral: leva unha chaqueta ou xersei por se acaso. 
  • Se o tempo é bo, agradécese un chapeu ou gorro e crema solar.
  • Se hai ameaza de choiva, un chuvasqueiro non sobra.
  • Pon calzado cómodo. O chan é irregular e hai moita vexetación, polo que recomendamos que protexas os teus pes e evites o calzado de praia. 
  • Se queres deitarte no chan, leva unha toalla ou manta de picnic.

Kit festivaleiro reutilizable

En Sinsal temos vaixela reutilizable, mais convidamoste a que poñas en práctica o noso compromiso de sostibilidade #sinsalsenrastro e traias o teu kit festivaleiro reutilizable, que che serve para vir a San Simón ou para outras viaxes que teñas 🙂

En Sinsal temos vaixela reutilizable, mais convidamoste a que poñas en práctica o noso compromiso de sostibilidade #sinsalsenrastro e traias o teu kit festivaleiro reutilizable, que che serve para vir a San Simón ou para outras viaxes que teñas 🙂

  • Vaso de plástico ríxido no que poder beber auga potable das billas (pode ser de Sinsal coma doutro festival que teñas na casa)
  • Pano de mesa de tea.
  • Prato de picnic (nunca de vidro ou metálico)
  • Garfo e/ou culler de varios usos (nunca de vidro ou metálico). 


Todo este material debes levalo de volta, lavalo en casa e deixalo preparado para a túa próxima saída. Sabemos que, ao principio, esta práctica pode parecer unha bobada, pero estamos seguras que, co tempo, este kit formará parte dos nosos obxectos persoais de viaxe. 

Utensilios permitidos

Por normativa de seguridade están permitidos e/ ou restrinxidos os seguintes materiais dos envases:

  • Botellas de plástico con tapón de rosca
  • Botellas doutro material: metálico ou de cristal
  • Pratos e vasos de plástico ou cartón
  • Pratos ou vasos metálicos ou de cristal
  • Cubertos de plástico ou cartón
  • Cubertos metálicos

Gastronomía

No festival Sinsal SON Estrella Galicia contamos con espazos gastronómicos de proximidade. A súa oferta inclúe propostas vexetarianas ou veganas e, nalgún caso, sen glute. 

Porén, se tes algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria, recomendamos que traias a túa propia comida. Se tes dúbidas sobre os menús, por favor, contacta con nós en festival@sinsalaudio.org 

  • Cangreburguer
  • Bao de luras
  • Brioche de xarrete estufado
  • Bowl de salmón spicy con edamame, ceboliña, sésamo e cebola crocante (hai opción sen glute)
  • Burger da avoa: Pan, salsa, carne, queixo, touciuño, leituga, tomate, cebola, cogombriño.
  • Patacas salpementadas
  • Patacas trufadas
  • Empanada de atún/grelos con tofurizo
  • Ceviche de plátano macho, shiitake, coco e froita da paixón
  • Gazpacho de millo e mango
  • Wrap de trigo sarraceno con verduras e polo/faláfel 
  • Arroz thai con salsa de cacahuete e lima e polo ou tofu
  • Mousse de chocolate/mango
  • Chocolate quente
  • Hamburguesa de choco con tetilla, alioli e crema de piquillo
  • Hamburguesa San Simón con carne de vaca, queixo San Simón e barriga
  • Brioche de patas de potón con crema de tetilla, pemento e AOVE
  • Arroz de verduras e algas
  • Empanadillas variadas
  • Tartas
  • Pizza Caprese: rodelas de tomate fresco e queixo rulo de cabra
  • Pizza Catro Queixos: gouda, cabra, azul e mozzarella
  • Pizza Margarita: queixo e tomate
  • Pizza Pan-Z: béicon e champiñóns
  • Pizza Primavera: verduriñas variadas de tempada (opción vegana sen queixo)
  • Pizza Romana: xamón e olivas negras