Descubre San Simón: unha viaxe pola historia e a paisaxe da illa alén dos concertos de Sinsal

Sinsal SON Estrella Galicia é moito máis que un festival: é unha travesía que comeza cunha viaxe en barco pola Ría de Vigo. Un ano máis, queremos que aproveites ao máximo o arquipélago (declarado Ben de Interese Cultural) e, por iso, presentamos o programa Descubre San Simón, unha serie de itinerarios e obradoiros gratuítos pensados para conectar co patrimonio natural, cultural e histórico deste espazo tan singular.

Antes de que comece a música, ou durante toda a tarde, estas son as propostas que che esperan nesta edición:

  • Descubre San Simón: o noso itinerario autoguiado con códigos QR por oito estacións históricas onde afondar no pasado do arquipélago, incluíndo este ano unha nova parada sobre a primeira liña telegráfica submarina de Galicia. Podes descargar o mapa de San Simón e levalo no teu móbil.
  • Illario pantasma: un roteiro a pé da man de Xosé Lois G. Faílde por tres estacións para conectar co corpo botánico, as pantasmas literarias e a xenealoxía política do lugar.
  • A radio natural de San Simón: un percorrido con Mateo Mena para rastrexar e escoitar as radiacións atmosféricas da illa, viaxando de xeito espacial ata a era previa á contaminación tecnolóxica.
  • Alborada galega: unha instalación de Aleksander Kolkowski con bucinas antigas (na cafetería e nos quioscos de cristal) para viaxar no tempo a través de gravacións históricas con voces e música de Galicia
  • A illa misteriosa: un taller dinámico de Arte y Garabato para todos os públicos (a partir de 6 anos) onde explorar o espazo natural e xogar coa paisaxe a través da luz, as sombras e os reflexos. O título inspírase na famosa novela de Julio Verne.

Como participar?

Todas as actividades ‘Descubre San Simónson gratuítas, pero as prazas son limitadas. Podes apuntarte o mesmo día do evento no mostrador de información do festival en San Simón. A única excepción é o roteiro de Mateo Mena (A radio natural de San Simón), que require inscrición previa por correo electrónico en info@sinsalaudio.org.

Publicacións similares