Braga: pasos e espazos do Festival Semibreve x Sinsal
Descubre Braga, unha cidade que combina arquitectura, historia, sons e unha intensa programación cultural.
O Festival Semibreve, en colaboración co Festival Sinsal SON Estrella Galicia, convídate a descubrir a cidade de Braga e a explorar a súa cultura e o seu son. O percorrido inclúe os diversos espazos da cidade onde se celebra o festival e outros edificios que consideramos de interese dentro desta armazón urbana e artística.
Semibreve é un festival de música electrónica, arte sonora e arte dixital que se celebra en Braga desde o ano 2011. Ademais dunha programación internacional coidadosamente planificada, outro dos seus atractivos é o seu compromiso coa divulgación do patrimonio, levando parte das súas actividades por espazos únicos e singulares da arquitectura local. Esta asociación permitiulle ser unha de las propostas culturais máis valoradas de Portugal cun considerable éxito no resto de Europa.
Comezaremos o noso paseo por Braga cunha panorámica da cidade desde as alturas, observando a súa estrutura e a distribución dos seus espazos. Desde aquí, seguiremos unha ruta que transcorre sempre polo centro histórico, sen necesidade de utilizar coche. Percorreremos espazos de exposicións, salas de concertos, museos, fábricas e tendas con encanto, unha casa chea de libros e creatividade, xardíns agachados, todo iso nun programa salpicado de actuacións artísticas con músicos locais.
BRAGA: PASOS E ESPAZOS DO SEMIBREVE X SINSAL
Horario (PT): 14.30 a 19.00 horas
Punto de encontro: PISO (frente a Sé Catedral)
O paseo inclúe a entrada a lugares con entrada de pago, pases aos microconcertos e guía acompañante.
Itinerario
15.00h – Visita guiada á Biblioteca da Universidade do Minho e o
Salão Medieval.
15.50h – Visita guiada gnration.
16.30h – Visita guiada Theatro Circo.
17.10h – Visita ao Museu Nogueira da Silva e ao seu xardín. Concerto de Tomás Alvarenga.
18.15h – Visita á Livraria Centésima Página e actuación de Alcrud3.
Ademais, durante a mañá e fóra da programación do paseo, todas as persoas interesadas poderán visitar outros espazos da cidade, como o MUZEU -o Museu de Pensamento e Arte Contemporânea-, convidadas pola súa directora, Helena Mendes Pereira. O MUZEU é un espazo cultural enfocado na arte contemporánea, a filosofía e o debate político que abriu as súas portas recentemente (abril de 2026). Contén unha colección de máis de 1.500 obras de 240 autoras nacionais e internacionais.
Se tes algunha dúbida, podes escribirnos a info@sinsalaudio.org co asunto BRAGA: PASOS E ESPAZOS DO FESTIVAL SEMIBREVE