Así foi Sinsal 2026

Xa podes ver o aftermovie da nosa travesía!

Hai unhas semanas iniciamos unha travesía que nos levou por moitos escenarios.

Durante dous fins de semana, a música foi pasando por oito escenarios en Vigo, a illa de San Simón, Braga e Oia. Cada parada tivo a súa propia forma de ser vivida: ás veces coa ollada posta na arquitectura, outras no horizonte e na natureza, na memoria dun lugar ou nos sons que xa formaban parte del.

Do Planetario do Instituto Pesqueiro á cámara semianecoica da Universidade de Vigo. Da illa de San Simón a Braga, da man de Semibreve. De volta en Vigo, entre a historia marítima e industrial de KALEIDO, a actividade cotiá da nave de Reder@s e a arquitectura contemporánea do Museo do Mar de Galicia. E, para pechar a viaxe, o Real Mosteiro de Oia, mirando cara ao Atlántico. Diferentes espazos e diferentes ritmos que acabaron construíndo un mesmo percorrido.

Publicacións similares