Festival Sinsal

SON Estrella Galicia

2026

Illa de San Simón + Vigo

24, 25 e 26 de xullo

Vigo + Camiño Portugués

31 de xullo, 1 e 2 de agosto

Todo o que precisas para vir ao festival

O Festival Sinsal é un dos festivais máis senlleiros de Europa. Celébrase en horario diúrno, só se pode acceder en barco e o seu cartel é completamente secreto ata que o público desembarca na illa.

  • Como chegar
  • Entradas e abono
  • Embarcadoiros
  • A estancia na illa

Bandas e solistas convidadas

Sinsal non é un festival. É unha travesía

Neste 2026 viaxamos ás orixes de Sinsal e conectamos San Simón e a Ría de Vigo con Portugal

Seis xornadas de concertos. Máis de trinta bandas, solistas e DJs. Unha ducia de países de orixe de catro continentes. Quince estreas, dez a nivel estatal. Trece escenarios en dous países. E un cartel secreto.

Unha illa

San Simón, declarada BIC, é un enclave singular

Cartel secreto

Desembarca para descubrir quen actúa no Sinsal

Sostibilidade

Coida a contorna para deixarmos #sinsalsenrastro

Actividades

Coñece a illa de San Simón a través de paseos guiados


Subscríbete á nosa newsletter

Se queres estar ao día das novidades do Sinsal e recibir información sinsaleira antes ca ninguén, subscríbete á nosa lista de correo!

Un barco. Auga. Unha illa. Un cartel secreto

Últimas entradas á venda!

O venres 24 iniciamos o noso percorrido en Vigo para desembarcar na illa de San Simón. Colle un dos últimos pases para subir ao barco!